En total o Concello recadará neste 2019 un total de 58.870 euros. O período de pagamento voluntario do padrón da taxa de entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, para de vehículos, carga e descarga e mercancías de calquera clase deu comezo o 3 de xuño e rematará o vindeiro 2 de agosto de 2019, ambos inclusive.

No Bando recóllese que ao día seguinte do vencemento do prazo do ingreso en período voluntario iniciarase o período executivo, procedéndose á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o establecido no regulamento xeral de recadación.