A empresa Urbaser comeza nesta xornada a lavar os colectores amarelos en Ribadeo, despois de limpar hai uns días os correspondentes ao lixo e do vidro, de cor verde. O edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, afirmou que “se trata do compromiso que ten a empresa despois de aceptar o prego de condicións para encargarse do punto limpo e dos colectores amarelos”. O concelleiro nacionalista prega aos veciños que non que agarden ata a última hora do día para depositar o lixo. Deste xeito a empresa disporá do máximo de horas para a súa tarefa e poderá rematala máis rápido. Estas tarefas de limpeza se levarán a cabo de novo no mes de agosto.
Horacio Cupeiro informou tamén da avaría da varredora municipal, polo que é posible que algúns lugares da vila que non estean todo o limpos que deberían. O concelleiro estimou o tempo de arranxo da avaría en uns tres días, coa intención de “voltar canto antes á normalidade”.