Concello de Ribadeo

Urbanismo

Favorecer a utilización racional e sostible do espazo que habitamos, protexer o medio natural, mellorar a nosa calidade de vida e contribuír ao equilibrio territorial. Os obxectivos marcados polo goberno ribadense en materia de urbanismo e ordenación do territorio requiren dunha serie de normas e recursos sen os cales non sería posible materializar estes fins.

Á declaración da zona antiga da vila de Ribadeo como Área de Rehabilitación Integral, un recoñecemento que permitiu xa o desenvolvemento de importantes rehabilitacións de inmobles, o goberno local agarda sumarlle moi pronto a aprobación dunha norma básica para a ordenación integral do seu territorio, o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Neste espazo podes coñecer polo miúdo todo o que precisas saber acerca do estado actual destas dúas figuras e do deseño das políticas urbanísticas do Concello de Ribadeo

Trámites

Este trámite é preciso para que os cidadáns e cidadás que vaian a abordar unha obra nos seus fogares, establecementos comerciais… solicitar a licenza municipal que os autorizará para abordar ese labor.

Dirixido:

Toda a cidadanía que desexe levar a cabo obras e/ou instalacións nos seus domicilios, establecementos comerciais, propiedades…

Documentación:

En todos os casos será preciso entregar a seguinte documentación:

  • Plano de situación (Plan Xeral de Ordenación Municipal)
  • Plano de emprazamento (con distancias a posibles camiños, pistas, etc.)
  • Liquidación: imposto e taxas

No caso de obras menores será preciso entregar tamén:

  • Proxecto técnico (non é necesario visado)
  • Memoria das obras ou instalacións a realizar
  • Presuposto por escrito
  • Estudo básico de seguridade e saúde subscrito por un técnico competente (non é necesario visado)
  • Plano de planta e alzados (se procede e segundo o caso)
  • Para o caso de reparacións ou reformas en edificacións pre-existentes (licenza de obra ou título que acredite a existencia.)

Para as obras maiores compre entregar:

  • Título de propiedade
  • Proxecto técnico debidamente visado
  • Estudo de seguridade e saúde visado
  • Impreso de estatística de edificación
  • Volantes ou comunicacións do Colexio Oficial coa dirección de obra de Arquitecto e aparellador ou arquitecto técnico

No caso de obras no núcleo antigo será necesario entregar tamén 2 fotografías da fachada e/ou zona na que se vai actuar. No dos edificios para vivendas colectivas as persoas interesadas deberán presentar o Proxecto de ICT.

Para a realización de muros de peche, será preciso indicar os metros lineais que vai ter.

Petición de informe urbanístico

As persoas interesadas en obter unha certificación urbanística (relativa a información sobre alturas, volumes, edificabilidade…) deben facelo a través da solicitude anexa.

Documentación: Para realizar este trámite é obrigatoiro acompañar a solicitude correspondente da seguinte documentación:

  • Plano a escala de situación, con distancias a posibles camiños, pistas ou estradas, do terreo que é obxecto de consulta (por duplicado)
  • Fotografías, no seu caso