A Corporación aprobou por unanimidade concederlle a medalla de ouro a título póstumo ao ex presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo. Será nun novo pleno extraordinario previsto para o vindeiro sábado ás 17:00 horas no Concello de Ribadeo. Así comenzarán os actos de homenaxe a quen fora alcalde honorario desta vila e Mar qués da Ría de Ribadeo. Tamén o sábado ás 18:30 horas terá lugar no Cine Teatro a presentación do libro homenaxe a Calvo-Sotelo  e un pequeno recital de habaneras. E xa o domingo ás 11:30 horas procederáse ao descubrimento do altorelevo no muelle que xa foi colocado hai uns días, pero que permañecerá oculto ata esa xornada. O altorelevo en bronce foi costeado coas aportacións económicas realizadas ao longo dos últimos meses polos veciños de Ribadeo, empresas e institucións que queren rendir deste xeito unha homenaxe a un dos seus persoeiros máis ilustres, ademáis da familia Calvo-Sotelo. A este acto do domingo está previsto que asistan o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro e o subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, entre outras autoridades.

No pleno celebrado onte no Concello aprobáronse por unanimidade o resto dos asuntos que foron a pleno. O expedente relativo á investigación da titularidade dunha fonte pública en Porto de Arriba en Vilausende. O alcalde, Fernando Suárez explicou que “acordóuse abrir un procedemento de estudio para declarar público o que desde o Concello a nivel técnico se entende que é público e que sempre foi así e se abre agora un prazo para presentar probas”. Tamén se aprobou cos votos favorables de todos os grupos políticos a iniciación do expedente de desafectación e permuta en A Ponte-Arante. O rexedor explicou que “a instancias da asociación de veciños se lle pide ao Concello que se permita a permuta dun vial público de acceso ao campo da festa por unha parceliña dun veciño colindante para que os camións das festas poidan entrar con comodidade”. Na sesión plenaria de onte tamén se aprobou  por unanimidade a adhesión do Concello de Ribadeo ao convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e as entidades xestoras dos sistemas integrados de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.