O salón de actos da Casa do Mar acollerá este xoves, 6 de abril, ás 20:30 horas a estrea do documental Un sueño compartido, con motivo do día da concienciación social do autismo. O acto está organizado pola asociación Capaces Lugo e pola ONG Aprendices Visuais e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.
A entrada é de balde ata completar aforo.

Un sueño compartido “é un documental que comparte testemuñas e experiencias de familias e profesionais que nos permiten empatizar e descubrir que é o autismo”, segundo explica a concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Vizoso.