Un novo convenio por importe de 50.000 euros coa Xunta de Galicia fai posible a mellora da rúa Virxe do Camiño e do Xardín dos Indianos.
Un novo convenio por importe de 50.000 euros coa Xunta de Galicia fai posible a mellora da rúa Virxe do Camiño e do Xardín dos Indianos.
O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos xestionando orzamento, seguimos firmando convenios, solicitando subvencións ante as administracións. Neso é no que estamos, sempre o dicimos queremos ter a mellor relación con todas as administracións e queremos xestionar orzamento para mellorar Ribadeo. E neste caso falamos da rúa Virxe do Camiño, que ten certas problemáticas. O entorno do Xardín dos Indianos certamente está non moi coidado. Nosoutros, que levamos relativamente pouco no goberno, encontrámonos que as pérgolas unha ía caer e tivémola que retirar, a outra está totalmente a madeira danada e tamén hai que retirala. Por iso queremos poñer dúas pérgolas novas”.
O rexedor dixo: “queremos adecentar todo o chan, as lousetas están todas movidas, debemos fixalas, debemos tamén mellorar o mobiliario e os bordes dos xardíns, tamén esa especie de fonte queremos mellorala, limpala e ter un criterio claro do que é unha fonte. Todo ese Xardín dos Indianos imos melloralo”.
Vega subliñou que “tamén vamos mellorar algo que nos reclaman moito as persoas que viven aí. Trátase das beirarrúas da rúa Virxe do Camiño, onde está o Xardín, xa que hai dúas ramplas que non son para nada accesibles e desde logo debemos melloralas. Levan moito tempo solicitándollo ao Concello e agora demos unha resposta para melloralas”.
O alcalde engadiu: “todo o que vén sendo a rúa Virxe do Camiño, que xa houbo unha transformación tamén da rúa que está ao seu carón, que é Luz Pozo Garza, agora queremos mellorar toda esa rúa, esa entrada de Ribadeo e mellorar o Xardín dos Indianos e as beirarrúas da zona de Virxe do Camiño, que non teñen accesibilidade e debemos dar unha resposta. Polo tanto, un orzamento de preto de 50.000 euros, un convenio firmado coa Xunta de Galicia fai posible esta mellora importante da rúa Virxe do Camiño”.