Un centenar de nenas e nenos acudiron ás escolas deportivas de verán que organizou o Concello de Ribadeo.

O edil de Deportes, Francisco José Silvent, fai unha valoración moi positiva. O concelleiro declarou: “rematamos as escolas de verán cunha valoración moi positiva, onde tivemos un cento de rapazas e rapaces”.

Silvent tivo palabras de agradecemento pola labor realizada: “queremos agradecer ao Club de Piragüismo Altruán, a Hola Ola e ao Real Club Náutico de Ribadeo a excelente labor realizada nos cursos de piragüismo, vela, pesca e surf”.

O edil de Deportes subliñou que “desde o Concello de Ribadeo seguiremos apostando polos deportes en tempada estival”.

Francisco José SIlvent e o alcalde, Dani Vega, participaron na firma dos convenios coas escolas deportivas de verán, que tivo lugar días atrás no salón de plenos do Pazo de Ibáñez