O rexedor explicou que “a partires de agora o sistema de poda que a brigada de medio ambiente do Concello viña facendo tanto na vila como parroquias cambiará de xeito positivo, pensamos, dado que adquirimos unha nova máquina triturada de canas, procedente desas podas. Esas canas serán convertidas en pouco máis que serrín e estes residuos mesturados con restos de herba servirán para facer compost, que se aproveitará de novo nos parques e xardíns municipais”.

Suárez Barcia considera que “é posible que a xente se poida sorprender como a brigada de obras vai coa máquina non só a podar, senón tamén a reducir o volumen de todas estas canas e convertilas en compost que se despois de empregarán nos nosos parques e xardíns, que son bastantes”.

O Concello adquiriu esta trituradora a través dun programa da asociación de concellos da reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón encamiñado a realizar actuacións sustentables.