En “Ribadeo de tapeo” haberá tres categorías de premios: mellor tapa do ano, mellor tapa tradicional que estará adicada aos productos do mar e mellor tapa creativa. O xurado valorará a combinación de ingredentes, a complexidade da elaboración, o gusto, a presentación das tapas e o sabor. E nas categorías de tradicional e orixinal tamén se terá en conta o emprego de ingredentes do país e a creatividade e orixinalidade. Haberá tamén un premio para a mellor barra. Neste caso valoraráse a presentación da barra coma esparate ao cliente e tamén a atención ao cliente.