O rexedor dixo que “desde sempre no Concello de Ribadeo nos pronunciamos sobre todos os asuntos que sexan de interese para os nosos veciños e somos conscientes de que nesta situación do trazado do gasoducto, ainda non sendo moitos os afectados en Ribadeo que manifestaron a súa problemática por este trazado, sí que teño falado con algúns deles en numerosas ocasións. Sei que son moitísimos mais no veciño concello de Barreiros, pero eu falo únicamente coma alcalde de Ribadeo e na defensa dos intereses dos nosos veciños”.

Fernando Suárez lembrou que “temos feitas alegacións a este trazado en dúas ocasións e as respostas dadas ata o de agora pola Delegación de Goberno non son satisfactorias para este Concello de Ribadeo”.

O alcalde ribadense sinalou que “todo o mundo recoñece a valía desta infraestructura para a comarca da Mariña e singularmente para a factoría Alcoa. Ten que haber un gasoducto que lle leve este ben tan importante para a súa producción. Agora debe estar máis atenuada a tensión que había na construcción inmediata en vista de que o goberno do Estado, hai poucas semanas antes das eleccións autonómicas, anunciou unha solución ao problema da tarifa eléctrica que, en todo caso entendo, atenuará esta demanda tan necesaria que existía para dotar a moi curto prazo da alternativa dun gasoducto, ainda que seguramente siga sendo necesaria”.

Para Suárez Barcia “o gasoducto aféctalle a todos os concellos da comarca da Mariña alí por onde pasa, singularmente en Ribadeo, pero moito mais en Barreiros hai xente que se opón a ese trazado. O suxeito xurídico que debe velar polos intereses lexítimos dos propietarios afectados polas expropiacións entendo que debe ser a Mancomunidade de Municiopios da Mariña luguesa. Digo eu que este organismo, con personalidade xurídica, que actúa en moitos frentes e que hai poucos días aprobou unha subvención importante a un determinado clube de fútbol da comarca da Mariña para que nos represente a todos, penso que co mesmo vigor e coa mesma intensidade ben poderá asumir a representación xurídica dun problema focalizado en dous concellos por onde pasa este trazado do gasoducto”.

O alcalde de Ribadeo falou co presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, que tamén é o alcalde de Barreiros, “para que na seguinte sesión plenaria se poña enriba da mesa a reivindicación dos asinantes destes documentos contrarios á ubicación do gasoducto e que se adopten as medidas oportunas. Debe ser a Mancomunidade a que se posicione sobre esta cuestión. Ben pode asumir a representación xurídica cando asume moitas veces decisións de concellos concretos da Mariña en representación de todos os demáis. Para eso todos pagamos a nosa cuota, Ribadeo é un dos que máis aporta, sen que moitas veces o retorno sexa siquera a metade de todo canto aporta”.

Suárez Barcia subliñou que “o trazado gasoducto é un problema do conxunto da Mariña para levar desde Ribadeo ata a San Cibrao o gas e polo tanto si hai problemas nunhas partes do trazado, como en Barreiros e Ribadeo, debe ser tamén a Mancomunidade de Municipios da Mariña quen tome cartas no asunto para, en colaboración coa Xunta o co goberno do Estado, buscar unha saida razonable e razonada e xusta a esta situación”.