A Corporación Municipal transmite o pésame de Ribadeo ás familias das vítimas do desgraciado accidente ferroviario que acontecía na véspera do día nacional de Galicia nas inmediacións de Compostela.

As bandeiras do Casa do Concello ondean a media asta en sinal de dolo e pesar polos falecidos no fatídico sinistro. O Concello suspendeu o Festival de Bandas,  que se ía celebrar esta tarde no parque de San Francisco.

O alcalde, Fernando Suárez, despois da conversa mantida cos voceiros de todas as formacións políticas con representación no Concello ribadense, acordou convocar para mañá, 26 de xullo, ás 12 do mediodía, unha concentración silenciosa e cívica de cinco minutos nas inmediacións do Pazo de Ibáñez, “acto que se fai extensivo a todas aquelas persoas que queiran achegarse a amosar as súas condolencias por esta traxedia”.