Suárez Barcia dixo que “eu son tamén un sorprendido como tantos e tantas veciñas de Ribadeo por este suceso extraordinario, segundo as características que relatou esta persoa”. O alcalde mandou “unha mensaxe de tranquilidade á poboación porque confío en que a Policía Local e a Garda Civil, sobre todo ésta última, aclaren canto antes o ocurrido. No caso de ser certo que se deteña aos autores canto antes porque supoñen un perigo público e no caso de que se trate dunha denuncia quizáis sobredimensionada que responda quen teña que responder”.

O rexedor ribadense engadiu que “por enriba de todo isto quero defender a Ribadeo, non por unha cuestión localista, senón porque foi, é e será un sitio tranquilo” e confía en que “as forzas de seguridade que investigan isto o aclaren antes que despois para botar luz sobre un asunto que causou moita sorpresa na nosa vila”.