Esta xornada enmárcase na campaña que leva a cabo a Concellaría de Medio Ambiente, coa colaboración da asociación Os Abelleiros, e que contempla tamén a colocación dunhas vinte trampas en espazos públicos do casco urbano para loitar contra a avespa velutina.

A concelleira Mónica Freire manifestou na presentación desta campaña hai uns días que “desde o Concello de Ribadeo estamos sensibilizados con este problema que supón a praga da velutina, non soamente pola súa incidencia no sector apícola, senón tamén polo que pode representar para a poboación en xeral”.