O BNG sumóuse no pleno de onte á moción presentada por PP, PSOE e UPRI e todos acordaron rexeitar a actual ubicación do plan sectorial de solo residencial da Xunta. Segundo explica o alcalde, Fernando Suárez, “nun primeiro momento despois de que os portavoces espuxeran as súas argumentacións, que curiosamente foron discrepantes entre eles en moitos aspectos, coa idea de que non aceptaban esta ubicación preguntóuselles por parte do alcalde para que o dixeran alto e claro e para constase en acta si o que rexeitaban era a ubicación ou o plan sectorial de vivenda en sí mesmo. E como rexeitaron a ubicación soamente e se comprometeron a buscar alternativas para suxerirlle á Consellería de Vivenda dentro dos criterios que a administración ten, e que non é ir facer vivendas ao medio do monte senón pechar mazás baleiras ou medio baleiras dentro das tramas urbanas do que é a vila de Ribadeo, con ese compromiso nós tamén nos sumamos a ese rexeitamento destas dúas bolsas”.
Suárez Barcia engade que “non obstante debo dicir que dentro dos grupos da oposición se nos acusou de non dar información… pero nós estamos moi, moi disgustados coa actitude concretamente de dous grupos: de PSOE e de UPRI, porque si ben é certo que poden facer oposición como mellor lles pareza e poden acudir ás chamadas que fai o goberno ou deixar de acudir si é certo que todos os grupos somos escollidos polos veciños, pero que todos os veciños nos escollan ou non, éstes queren que os representantes políticos os defendan. E qué mellor sitio para facelo que onde se poden resolver estas cousas”. O rexedor lembra que “este plan está levado adiante pola Consellería de Vivenda e eu no seu momento convoquei unha xunta de voceiros para analizar este tema e déronme plantón dous dos tres grupos da oposición: PSOE e UPRI, e quizáis fixeron acto de chegar aí para apuntarse unha dieta e logo marcharon sin falar nin o máis mínimo. Pero é que o colmo e a tristeza prodúcenma cando 3 ou 4 días despois puiden xestionar unha entrevista co director xeral do IGVS para analizar e estudiar esta situación que se estaba a dar en Ribadeo e soamente acudiu o portavoz do PP porque os outros dous tamén me deron calabazas e eso desde logo aos veciños, polo que eu poido apreciar pola rúa, non lles gusta… non lles gusta que os seus representantes se adiquen a liala e a tentar desgastar ao goberno e se lles ve o plumeiro xa que ás veces teñen pouco interés en resolver problemas e proponer alternativas, senón que o que queren é desgastar ao goberno”.
Fernando Suárez sinala que “no pleno tamén quixemos desde o goberno facer unha serie de aclaracións sobre unhas falsidades que se estiveron a dar nos últimos tempos e que non foron axustadas. Debo dicir que quizáis o plan estivo mal explicado por parte da Consellería de Vivenda, de aí que moitas veces provocara un rexeitamento. Sobre todo moita xente e algúns portavoces se cansaron de dicir que este plan ía expropiar os terreos a 6 euros o metro cadrado, algo que é absolutamente errado e que mirando os cadros que no seu momento se editaron e se puxeron a información pública o que con bastante claridade dicía e que ademáis se podía facer cunha simple división do que era a valoración de 2.272.000 euros que facía do conxunto do solo incluido nesta actuación duns 30.000 metros cadrados. Cunha simple división aritmética se ve que a valoración promedia do metro cadrado de suelo era de 76’67 euros e non de 6’22 como erradamente se ten entendido ou se ten querido facer entender en algún caso”.
O alcalde segue a explicar que “estas cousas que ás veces se pensa moita xente que teñen pouco recorrido, pois van ter moito máis recorrido, porque en planeamento e mesmo na política desde logo é imposible que chova a gusto de todos e moitas veces hai que tomar decisións en contextos e as máis das veces con intereses contrapostos como pode ser o caso e aquí polo que lle escoitei á comisión de afectados e aos veciños que se opoñían a este plan por intereses totalmente contrapostos… moitos se opoñían porque lles parecía que se pagaba pouco e outros porque simplemente non querían que se fixese nada de nada”. Suárez Barcia cre que “no seu momento, antes ou despois, cando a Corporación queira darlle luz verde ao PEPRI a Corporación terá que dicir a que sentimentos se lles da a razón, si aos que ven unha serie de edificabilidades en concesións con zonas verdes ou simplemente si se lles da a razón a aqueles que pretenden que non se faga nada de nada e aí moitas veces as actitudes dos grupos da Corporación a corto prazo cren que gañan batallas e o que fan é eternizar as guerras”.
Fernando Suárez puntualiza que “a nós o que nos caracteriza neste tempo de mandato é a transparencia, a pesares de que algúns grupos se queixen de que non a hai. Eu convídoos a que vexan e fagan reconto de cantas comisións informativas se teñen convocado para tratar asuntos, cantas xuntas de portavoces e cómo se está levando adiante a redacción do plan xeral de ordenación municipal entre todos. A ver cantos gobernantes e corporacións o están a facer así e desde logo non temos ningún problema en traer a debate, como non, o plan especial do casco vello, pero aí tamén queremos ver a opinión de todos os grupos e queremos ver si o que dixeron onte no pleno é o que sentían ou si dentro de 3 ou 4 meses van soster contrariamente o que estiveron a dicir algúns deles. Esperaremos e veremos”.