Suárez Barcia asegurou que “a reunión foi en tono cordial, valoramos que tentaron darnos todas as explicacións, ainda que moitas delas seguimos sen compartilas. Eles dalgún xeito recoñeceron que sí se deberían ter dirixido ao Concello de Ribadeo nunha fase previa para advertir de que había problemas con esta obra”.

O rexedor sinalou que “nós lles plantexamos que esto segue a ser necesario para Ribadeo, e sobre todo á vista de que no día de hoxe recibimos unha carta do xefe de gabinete do ministro de Fomento na que nos indican que segue existindo vontade de darlle unha solución a este acceso da circunvalación, e que teñen intención de manter a consignación presupostaria. Na Demarcación asumen a idea que manifesta Fomento, como non pode ser doutra maneira, pero nós o que lles pedimos é que deben deixar en suspenso este procedemento de desafectación dos terreos que inicialmente se expropiaron en tanto non busquemos unha solución. E aí nós plantexámoslles a posibilidade de ter unha reunión en breve con responsables da Dirección Xeral de Patrimonio para que xunto con Fomento e co Concello retomemos novamente, ainda que sexa con pequenas modificacións, o proxecto orixinal porque entendemos que sería mellor esto que iniciar un expedente novo que levaría varios anos de tramitación, tal e como eles mesmos recoñecen”. 

Fernando Suárez engadiu que “quedamos á expectativa de que nos vindeiros días manteñamos un encontro con José Manuel Rey Pichel, o novo director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, para buscar unha saída dialogada a esta situación e para que finalmente os informes de Patrimonio sexan favorables no sentido de poder realizar este proxecto, ainda que sexa con pequenas modificacións”. O rexedor insistiu en que “entendemos que por parte de Fomento se puxo antes o carro que os bois, porque se puxeron a expropiar e a adxudicar obras que ainda non tiñan todos os permisos concedidos como así aconteceu. Queremos atopar unha solución canto antes para non ter nunha situación de fonda preocupación a todos os afectados polas expropiacións de todos estes terreos que si nada o remedia desde a propia Demarcación de Estradas do Estado argumentan que os terreos serían desafectados por parte do Ministerio de Fomento e retornarían de novo aos seus propietarios”. Fernando Suárez acudiu á Coruña acompañado do secretario e do arquitecto municipais.