O alcalde, Fernando Suárez, acaba de sinalar que “no paseo de Rinlo hai baldosas arrincadas pola forza da auga ao igual que un pontigo de madeira. Na praia dos Bloques, en Ribadeo mesmo, tamén hai danos no paseo nesa zona. Na praia de Porto, antes de Os Castros, a auga estragou a estrada e en Esteiro o mar tamén causou destrozos en todo o entorno”.

Mañá, luns, será o momento de facer unha avaliación máis polo miúdo do acontecido en Ribadeo.