O alcalde, Fernando Suárez, asegura que “recibimos hai moi poucos días unha comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que denegan a petición de Telefónica  de suspensión cautelar da ordenanza municipal que regula o aproveitamento do dominio público local e que as operadoras de telefonía móvil teñen que tributar igual que fan desde hai anos as de telefonía fixa. Toda a filosofía desta ordenanza que nós aprobamos, cun amplo grao de consenso hai un ano aproximadamente, indica que as operadoras de telefonía móvil non solamente utilizan o espacio radioeléctrico senón que tamén empregan o subsuelo para facer as chamadas de móvil a fixo, polo tanto era xusto que o Concello lles puidese implantar unha taxa por este concepto”.

Suárez Barcia lembra que “esto partiu da idea de que en Cataluña había varios concellos que xa o aplicaban, quixemos importala e creo que debemos ser o único concello galego en ter implantada esta ordenanza. Desde logo non está gañada a guerra, pero sí é moi importante que teña unha apariencia de bó dereito que o TSXG non vexa motivos cautelares para paralizar esta ordenanza ata que se resolva o contencioso, que cremos que acabaremos ganando porque estamos na posesión total do dereito para poder aplicarlles esta ordenanza”.