Vintenove persoas do servizo de teleasistencia do Concello de Ribadeo participarán nun estudo da Xunta para a avaliación de riscos. O traballo realizarase instalando equipos de protección, detectores de caídas e de fume nos domicilios dos usuarios.

A concelleira de Saúde e Servizos Sociais, Teresa González Piñeiroa, sinalou que “isto supón unha ampliación importante das garantías que xa de por sí da o servizo de teleasistencia”. A edil nacionalista lembrou que “o Concello de Ribadeo foi pioneiro, en Galicia, na instalación de equipos de teleasistencia e a día de hoxe é o que ten máis por número de habitantes. Na actualidade benefícianse deste servizo 200 persoas, o que supón un equipo por cada 50 habitantes”.

González Piñeiroa considera que “o estudo no que participarán estas 29 persoas servirá para avaliar a calidade da asistencia e para mellorar o servizo que se presta aos usuarios”.