O taller, impartido por persoal de Orange, ten como obxectivo ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento dos móbiles e das tabletas, así como solucionar as dúbidas que poidan ter para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e que se familiaricen coa tecnoloxía móbil.

Durante as catro horas de actividade é recomendable que as persoas maiores leven os seus teléfonos móbiles e tabletas para aprender a enviar fotos, vídeos e mensaxes por WhatsApp, gardar contactos, facer chamadas, acceder e navegar por internet, e resolver todas aquelas dúbidas que lles poidan xurdir no uso normal do teléfono e/ou da tableta.

Para asistir a este taller non é necesario ser cliente de Orange, é preferible que os participantes leven os seus propios terminais para acadar un maior aproveitamento da actividade, e no caso de que algún dos asistentes non acuda cun dispositivo móbil, os formadores contarán con dúas tabletas e dous smartphones.

As prazas son limitadas e será necesario facer a pre inscrición, chamando ao número de teléfono 982 120 732 ou acudindo á propia Aula CeMIT do Concello de Ribadeo.