Xavier Campos e Ana Martínez lembran que “en Ribadeo Emprende téntase ofrecer alternativas nas aptitudes e nas actitudes necesarias para saír da crise. Motivación e innovación son dúas verbas que pretendemos impulsar. Cremos que son imprescindibles para afrontar os retos presentes e futuros. A mocidade especialmente está nunha situación difícil porque as perspectivas que se lle plantexan para o futuro, son moi negativas. Sen embargo hai moitos mozas/os en todas partes do mundo que con ilusión e gañas de facer, están desenvolvendo iniciativas moi motivadoras e que plantexan novas formas de pensar e de afrontar a vida, persoal, social e laboralmente”.

O edís de Desenvolvemento Local e Mocidade subliñan que “a xornada pro-positiva que denominamos taller de innovación social e que incluímos dentro do programa Ribadeo Emprende e que se desenvolverá mañá plantéxase baixo unha perspectiva de amosar aos mozos/as de Ribadeo exemplos reais de experiencias que funcionan no eido do activismo social, da innovación, da financiación distribuída (produto da nova cultura dixital que todo o abrangue) e tamén do auto emprego creativo, como exemplos de que un futuro novo non só é posible, senón que está sucedendo xa, e cos coñecemento e as ferramentas axeitadas, seremos quen de construílo e saír desta situación difícil na que estamos”.

Campos e Martínez engadiron que “ademais de amosar e explicar boas prácticas de innovación social, esta xornada desenvolverá dinámicas para exercitar as capacidades innovadoras e daremos claves para poñelas en marcha. Tamén achegaremos recursos tanxibles en vixencia como por exemplo o programa autonómico iniciativa xoven”.