O recurso de reposición presentado polo Concello de Ribadeo diante da Consellería de Traballo e Benestar Social ten coma obxectivo “que se acorde a retroacción do expedente e da notificación correspondente e se resolva favorablemente a concesión a este Concello do obradoiro de emprego Ribadeo Conserva por terse cumprido con todos os condicionantes requeridos na orde da convocatoria”.

O alcalde, Fernando Suárez, insiste en que “estamos diante dun claro caso de manipulación política”, e subliña que “non existen razóns técnicas para que Ribadeo non conte con ese taller de emprego”.