O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, explicou que “dado o mal estado no que se encontran os suxeitacontedores de madeira que temos instalados no casco urbano de Ribadeo debido aos golpes producidos polos camións ou outros vehículos, ademais do deterioro dos peches, e dado que Ribadeo é un foco importante na zona desde o punto de vista turístico, procederemos de inmediato á súa reparación”.

O edil nacionalista pide aos veciños desculpas polas molestias que se poidan ocasionar “tanto no momento de desmontalos como cando se instalen de novo”.