A edil nacionalista Teresa González Piñeiroa explicou que “o pasado xoves un grupo de 25 rapaces do programa Construindo o verán foron á praia de Lóngara. Dezasete deles iniciáronse no surf e os outros oito, os que non sabían nadar, disfrutaron dunha xornada distendida neste areal barreirense”. A clase de surf desenvolvéuse de catro a sete da tarde.

A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “a actividade fóinos ofertada de xeito totalmente gratuito por unha asociación que se acaba de constituir en Barreiros, North Shore Surf Club, en colaboración con Hola!Ola e Surf Escola Sensación. Quero agradecerlles en nome do Concello de Ribadeo este xesto para que os nenos deste programa puidesen achegarse á práctica dese deporte”.

González Piñeiroa lembrou que “no programa Construindo o verán están a participar máis de 30 nenos e nenas de Ribadeo, e con eles están a traballar catro voluntarias ademáis da educadora familiar. As xornadas dos venres están adicadas á realización de diferentes obradoiros, que son impartidos polos técnicos municipais do Concello”.