A edil nacionalista explicou que “desde o Centro de Información á Muller imos iniciar unha nova actividade este 31 de outubro, mércores. Trátase dun curso de alfabetización dixital dirixido a mulleres que se vai desenvolverse na escola de Ove, posto que alí hai instalacións informáticas para poder levalo a cabo e vai ser en sesións de dúas horas desde este 31 de outubro ata o 12 de decembro en horario de seis a oito da tarde. Polo tanto a duración total será de 14 horas”.

Álvarez Lastra sinalou que “é un curso que nós denominamos Sumerxíndonos nas redes e trátase de achegar neste caso ao colectivo de mulleres o uso das novas tecnoloxías para intentar facer contas de correo electrónico, para buscar a información a través da rede, para solicitar peticións, para mandar mensaxes, para comunicarnos con outras persoas. É dicir trátase dunha serie de coñecementos básicos e de utilización dos ordenadores e dos medios informáticos como medio de formación, de comunicación, de relación e de aprendizaxe”.

Todas aquelas mulleres que estean interesadas en inscribirse no curso de alfabetización dixital deben poñerse en contacto co Centro de Información á Muller, no teléfono 982.120.739, ou tamén no telecentro 982.120.732. A inscrición tamén se pode facer no correo electrónico cim@ribadeo.org.
As plazas son limitadas, o curso é totalmente gratuito e aquelas persoas que o desexen deben anotarse canto antes. Lévase a cabo con carácter pioneiro e experimental en Ove para o funcionamento e si desperta interese entre as veciñas asistentes.