O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “recibimos agora o correo diario da Consellería de Sanidade da Xunta. Hoxe rompemos a liña descendente destes últimos días. Temos máis contaxios, subimos de dous a cinco, e temos máis persoas en seguimento, pasamos de dez a dezanove”.

O rexedor dixo: “sei que a cidadanía está cumprindo e que non debemos tomar isto con pesimismo, senón co reforzo das nosas actuacións diarias responsables, para protexernos a nós mesmos, para protexer aos nosos e para coidar e reactivar á nosa economía. Tamén quero dicirvos que o que hoxe nos pasa a nós en Ribadeo en calquera momento lle pode pasar a calquera outro concello da comarca, do país, do estado….. E mentres a ciencia non atope unha solución debemos actuar sempre como nos indican as autoridades sanitarias”.

Suárez Barcia engadiu: “hoxe empezamos unha nova semana de verán. Fagámolo ben e de seguro que sairemos airosos desta situación. Ánimo e adiante!”.