Suárez Barcia explicou que “desde o Concello de Ribadeo descoñecemos este asunto que foi amplamente difundido a través dos medios de comunicación, de feito esta situación de restos humanos non ten que ver cos únicos dous cemiterios de competencia municipal, que son o de Ribadeo e o de Ove”.

O alcalde sinalou que “nós soubemos hai días que a Garda Civil se puxo en contacto coa Policía Local para ver a posibilidade de se o Concello puidese recoller ou custodiar uns restos humanos no propio cemiterio municipal, aínda que ao final non se chegou facer ningunha entrega por parte da Garda Civil”.

O rexedor ribadense dixo que “en todo caso, e como valoración desta situación, máis aló das posibles faltas ou das responsabilidades que poidan existir nesta macabra actuación, xa que estes procedementos deben ter autorizacións administrativas, sanitarias, etc…, con independencia de se o cemiterio é municipal ou da Igrexa, a nós parécenos unha terrible falta de humanidade e de principios éticos esta situación que describen estas informacións de prensa”.