Celebrouse esta mañá na praza de abastos de Ribadeo o primeiro sorteo de cheques de compra da campaña Elixe ao mellor praceiro/a, na que os clientes que realizaron as súas compras nos últimos días no mercado ribadense recibiron cupóns para optar aos premios que se puxeron en xogo hoxe.

No sorteo estiveron presentes a concelleira de Desenvolvemento Local de Ribadeo, Ana Martínez, un técnico da Xunta de Galicia, e un representante do establecemento elixido como mellor praceiro na pasada edición desta campaña. El foi o encargado de extraer as papeletas agraciadas.
O cheque de compra por valor de 75 euros para gastar na praza de abastos de Ribadeo foi para Lía Rodríguez González; o cheque de 50 euros vaino disfrutar Celsa Rodríguez Viamonte e o de 25 euros foi para María del Carmen Posada Rodríguez.

O seguinte sorteo da campaña Elixe ao mellor praceiro/a será o vindeiro 3 de maio.