Sérgio Tannus Trío presentará o vindeiro domingo, 6 de outubro, o seu traballo Son Brasilego en Ribadeo. Será ás 20 horas no Teatro. O multiinstrumentista e autodidacta brasileiro Sérgio Tannus leva varios anos vivindo en Santiago de Compostela. O seu disco é unha ponte musical entre Galicia e Brasil.

O prezo das entradas será de 5 euros, aínda que desempregados, xubilados e estudantes pagarán só 2 euros.

O de Sérgio Tannus Trío será o primeiro concerto dos cinco que terán lugar durante este outono-inverno dentro do ciclo “Músicas Posibeis”, que organiza a Concellaría de Cultura de Ribadeo.