O edil nacionalista sinalou que “temos unha fin de semana intensa de actividades desde a Plataforma Sonda Norte. Comezamos hoxe coa que é a primeira exposición de Sonda Norte, unha exposición colectiva que aglutina a catorce artistas, prácticamente todos mozos e mozas de Ribadeo e dos arredores. Trátase da primeira exposición de ilustración, cómic e banda deseñada. O traballo de coordinación que fixeron Héctor Peña e Ánxela López consistiu nun repaso da historia do cómic e da banda deseñada en Ribadeo desde os tempos de Suso Peña ata os rapaces que hoxe nos institutos están traballando creativamente nese ámbito. A inauguración é as 20 horas na Casa da Xuventude e irá acompañada dalguna pequena actuación musical para darlle máis vigor e mellor participación”.

Campos contou que “mañá pola mañá na Casa da Xuventude faremos unha asamblea de Sonda Norte para repasar os primeiros seis meses desta iniciativa, de todo o traballo desenvolvido, imos valoralo entre todos e todas, e despois imos preparar os meses vindeiros”. E finalmente o sábado á noite ás 21:15 horas tres artistas de Ribadeo: Víctor Villar, María Justo e Martín Bucki, presentan Ardora, “un espectáculo que une poesía, música e danza e que ten como peculiariade o feito de celebrarse na praia das Illas, algo que está a xerar moita expectación e os que coñecemos parte dos contidos que alí se van presentar convidamos a todos e todas a que se acheguen a este areal porque vai merecer a pena disfrutar desta cita”.

Xavier Campos anima a toda a xente nova de Ribadeo a disfrutar de todas estas propostas de Sonda Norte.