Víctor Manuel Pérez Quintana, membro da Asociación de Veteranos do Ribadeo FC, encargada da recollida,  explicou que “na fin de semana pasada, durante o I Torneo de Fútbol Feminino, os equipos doaron alimentos para cedelos á Concellaría de Servizos Sociosanitarios. A recollida fíxoa a Asociación de Veteranos do Ribadeo FC, que foi a que organizou este I Torneo, e como inscrición, pedimos que os equipos participantes doaran uns produtos non perecedoiros. Recollemos bastante a pesar de ser un torneo pequeno, de catro equipos soamente”. E lembrou que “é a terceira vez que participamos nunha iniciativa deste tipo; os dous primeiros anos doabamos vales de compra de carne e peixe, e este, por cambiar algo aproveitamos que tiñamos este torneo para recoller alimentos”.

Sonia Vizoso agradece o xesto do colectivo, que contribuirá “a que varias familias pasen estas datas dun xeito máis agradable”.