A edil nacionalista sinala que “esta asociación quixo levar adiante unha iniciativa solidaria, a recollida de alimentos, e destinalos ao departamento de Servizos Sociais do Concello, que agora os repartirá entre as familias con menos recursos tanto da vila como das parroquias para todas pasen do mellor xeito posible estas festas de nadal”.

González Piñeiroa subliña “o bo facer da asociación de amas de casa, que se puxo en contacto con nós para dicirnos que ían levar adiante este iniciativa e para preguntarnos cales eran os produtos más acaídos”.

A recollida de alimentos da asociación de amas de casa tivo lugar hai uns días e agora xa se atopan en mans dos Servizos Sociais. Entre os produtos doados figuran: conservas, aceite, azucre, café, cacao, cereais, embutidos, etc…