Suárez Barcia fixo estas declaracións “dado o interese que espertou esta noticia nunha poboacion como a ribadense, sempre moi comprometida coa solidaridade, que é algo que nos loa a todos os vecinos e veciñas deste concello. Eu como alcalde manifesto que o Concello de Ribadeo tamén se vai involucrar, pero sempre despois de comprobar a veracidade da situación e que a sanidade pública non se faga cargo desta operación ou non coa premura necesaria que esta persoa parece que precisa”.

O rexedor dixo que “desde o Concello non podemos revelar datos que afecten á intimidade das persoas, pero lévase axudando desde hai tempo a esta familia noutras situacións e desde logo vaia por diante o noso compromiso, pero é moi importante que como institución temos que garantir que os posibles fondos públicos que se poidan utilizar nestas circunstancias estean convintemente xustificados”.

Fernando Suárez subliñou que “non queremos decir en absoluto que non vaiamos apoiar, senón todo o contrario, pero debemos ter acreditado técnicamente a situación extraordinaria onde a sanidade pública non se chegue a facer cargo e que teñan que acudir a unha vía estrictamente privada”.