O rexedor declarou que “nós non temos ningunha comunicación formal ou solicitude de autorización do que puidera ser de competencia municipal, como a reserva de aparcadoiros ou a xestión de tráfico de vehículos polos viarios municipais, etc…, algo que evidentemente tampouco se podería ter autorizado en ningún caso, dadas as restricións que imperan en Galicia decretadas pola Xunta. As competicións ou probas deportivas no mar non son competencia municipal, polo que tampouco se puideran ter autorizado polo Concello no caso de teren sido presentadas”.

Suárez Barcia dixo que “desde o Concello descoñecemos como os surfistas chegaron ata Ribadeo, por qué tipo de controis pasaron, quen os verificou ou se teñen controis sanitarios”.

O alcalde engadiu: “como reflexión a esta situación cabe dicir que a planificación de todo tipo de eventos deportivos debe estar feita coa antelación necesaria para que as administracións, que poidan ter algo que ver, poidan emitir as autorizacións pertinentes e, para o caso de telas, deberían ser comunicadas ao resto de administracións polos condutos regulamentarios establecidos”.