A edil dixo: “foron moitas persoas implicadas na homenaxe. Desde piares da cultura local como a Coral, a Banda, a Escola de Música e Danza ata bandas consagradas como Corazones jóvenes e beetle Judge pasando por persoas menos coñecidas no panorama musical como Pedro del Río ou Dori Yáñez ou as voces das Erikas e Peluxías, ata unha das grandes: Guadi Galego. Tamén a Estela e Brais do IES de Ribadeo con guión do seu profesor Suso Acevedo. E por suposto ao Obradoiro de Dinamización Cultural do Concello. Todas estas persoas aportaron xenerosamente para lograr unha homenaxe conxunta”.

O evento foi organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración con Ugia Pedreira e Marina Oural, da As. C. Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento.