O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinou este mediodía en Santiago un convenio coa Consellería de Sanidade para a realización de programas de prevención de drogodependencias e adiccións sociais e comportamentais. O importe do mesmo ascende a 14.700 euros para o que resta deste 2010.

Suárez Barcia explicou que “con estes cargos pagamos parte do salario da técnica do programa e diversas actividades e servizos que prestamos como: as viaxes en tren que teñen que facer estas persoas ao hospital a Burela, as xornadas formativas que impartimos nos centros de ensino de Trabada, A Pontenova, Barreiros e Ribadeo, ademáis de publicacións coma o Komikea”. O rexedor amosóuse moi satisfeito pola sinatura do convenio “a pesares de que a inversión é menor que noutras ocasións”.