A praia ribadense das Catedrais foi escenario esta mañá de dous simulacros. Un de salvamento, no que unha persoa estaba supostamente a punto de afogar. Neste dispositivo participaron os socorristas e unha ambulancia que en 15 minutos chegou desde Foz a ese areal. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, explicou que “cando a ambulancia chegou ás Catedrais tivo que atender a unha persoa que acababa de sofrir feridas ao caer polas escaleiras de acceso á praia. É dicir que ían para un simulacro, pero ademáis tiveron que atender un caso real”. E outro simulacro foi o dunha suposta agresión con arma branca. A Policía Local de Ribadeo empregou 7 minutos en desprazarse desde a vila ata As Catedrais. Máis tarde tamén se realizou un simulacro de salvamento na praia de As Illas/Castros.