“No solo duelen los golpes” narra a vivencia persoal da actriz, comunicadora e activista feminista Pamela Palenciano na súa primeira relación de noviazgo, que se tornou en violenta ao longo dos seis anos que durou. Partindo da súa propia experiencia, e a través do humor ácido, da ironía, do drama e interactuando co público, Pamela consigue tocar a vida persoal e xerar consciencia e preguntas. Este proxecto empezou sendo unha exposición fotográfica, evolucionou a un taller de prevención de violencia para os institutos e agora preséntase como obra teatral.