Concello de Ribadeo

Intervención

A intervención é a función pública de contabilidade e control interno da xestión económico- financeira do Concello.

A función de contabilidade comprende o desenrolo da contabilidade e do seguimento da execución presupostaria segundo as normas xerais e propias.

A función de control lévase a cabo mediante a función interventora, de control financeiro e de control de eficacia.

  • No exercicio da función interventora, fiscalízanse os actos que dan lugar ao recoñecemento e liquidación de dereitos e obrigacións, os ingresos e pagos, e a recadación, inversión e aplicación dos fondos públicos para que se axusten á normativa que se debe aplicar.
  • Por outra banda, a función de control financeiro comproba o funcionamento económico- financeiro dos servizos municipais, dos seus organismos autónomos e das sociedades mercantís dependentes.
  • Por último, o control de eficacia comproba de forma periódica o cumprimento dos obxectivos, a análise do custo de funcionamento e o rendemento dos servizos e inversións.

Tesoureria

Que é a Tesourería?

É o departamento do Concello no que se realiza o control, manexo e custodia dos fondos, valores e efectos do mesmo. O Servizo de Recaudación do Concello, baixo a dirección da Tesourería, encárgase da recadación dos tributos municipais e outros ingresos de dereito público.

Que funcións realiza?

  • Servizo de Caixa
  • Realización de todos os pagos do Concello.
  • Xestión de cobro das autoliquidacións.
  • Recadacións dos ingresos cuxa xestión directa non corresponde ao Servizo de Recadación do Concello.
  • Xestión de avais e outras garantías que deban consignarse no Concello.

Datos para FACe:

  • Código da oficina contable: L01270517 Intervención
  • Código do órgano xestor: L01270517 Alcaldía
  • Código da unidade de tramitación: L01270517 Rexistro Facturas (Intervención)