Suárez Barcia sinala que “esto non sería posible si non tivésemos desbloqueado hai uns meses entre SEPES, Concello e Begasa e grazas á intermediación e ao impulso decisivo de Fernando Blanco, Conselleiro de Industria, que sentou as bases e puxo enriba da mesa unha cantidade económica para resolver o problema do suministro eléctrico ao polígono a través da construcción dunha subestación. Eso foi o que desbloqueou todos estes pasos que agora se estiveron dando: licitación de obra, adxudicación de obra e entendemos que o seguinte será o inicio das obras, tal e como dixemos hai semanas, no entorno da primavera, toda vez que agora se depositen os avais que marca a lei e se fagan as actas de replanteo previas”.

O rexedor ribadense di que “ésta é unha boa noticia para Ribadeo dado o momento económico que vai supoñer xa que hai unhas 50 empresas que se poden radicar neste polígono industrial e que aínda que non é moi grande sí que está ben conectado e é moi atractivo. De feito moitas empresas teñen manifestado a súa intención de implantarse en Ribadeo e prefiren agardar un pouco máis e radicarse aquí e non noutros concellos cercanos a nós. Desde logo penso que van polo bó camiño co que ten que ver coa economía productiva que é a que realmente serve e non esas outras economías especulativas que xa se ve o rendimento que foron dando”.

O parque empresarial de Ribadeo ten unha superficie de máis de 18 hectáreas, nas que se poderán ubicar 50 empresas que xerarán uns 400 postos de traballo. O investimento total nesta actuación é de 10,5 millóns de euros.