O alcalde, Fernando Suárez, dixo esta tarde: “aceptamos e acatamos esa sentenza, que non imos apelar, pero estaremos vixiantes e expectantes cando neste Concello se reciban solicitudes de circos. Miraremos todo con lupa durante este pouco tempo transitorio que queda ata a aprobación da Lei de Benestar Animal por parte da Xunta, que regulará todo isto e que será moi dura cos circos que leven animais”.

Aínda que a sentenza transcendeu a través dos medios de comunicación hai uns días Suárez Barcia non quixo pronunciarse ata recibila polas canles oficiais.