Na sentencia de 15 páxinas recóllese que “o que se está a esixir polo Concello, no mesmo senso que pola Axencia Galega de Turismo, é que o acceso ao establecemento sexa público, dado que conforme aos artigos 6 e 7 do Decreto 12/2017, así como a lei 11/2007 de Turismo de Galicia, que regulan estes establecementos, os apartamentos son establecementos abertos ao público, o mesmo atópase no centro da illa, e o acceso ha de ser libre nas condicións establecidas polas leis, polo que o acceso libre e público ata a porta do establecemento ha de existir. De forma que se esixe a calquera outra actividade, que nese caso concreto é de hotel e cafetería”.

E engade que “nos atopamos así ante unha actividade cuxo exercicio controla o Concello por ser da súa competencia… e por elo non se pode considerar vulnerado o principio de confianza lexítima”.O TSXG considera tamén que “non se aprecia a existencia de desviación de poder”. E remata indicando que “a aplicación da xurisprudencia precedente ao caso examinada non permite constatar que se incorra coa resolución recorrida en dita vulneración, ademais de que realmente o fin que se pretende é permitir o acceso público á illa, que ha de considerarse conforme a dereito, polo que o recurso de apelación ha de ser desestimado”.