Suárez Barcia lembrou que “hai uns días como alcalde de Ribadeo cuestionaba que tanto a Xunta como o Ministerio de Xustiza se preocupan máis en criticarse entre eles porque aínda a día de hoxe non recuperamos o xulgado de primeira instancia e instrucción perdido aló polos anos 60”. O rexedor dixo que “hoxe volta a estar de actualidade desgraciadamente porque estes dous grandes partidos, como se van chamar eles, o PP e o PSOE só buscan alternancia pero unha vez que están no goberno o que prometeron na oposición non o fan no goberno e viceversa e hoxe temos un exemplo flagrante disto ao que me estou a referir porque sae publicado en todos os medios que a Xunta vai demandar, porque é a quen lle corresponde facelo, unha serie de novos xulgados para o ano que ven e pídeos para Coruña, Lugo, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía ou Sarria, pero seguimos outro ano máis sen que a Xunta demande o correspondente xulgado de primeira instancia e instrucción para Ribadeo. Lóxicamente si a Xunta non o demanda o ministerio, rexido por outra cor política, ten a xustificación necesaria para dicir que non pode tramitar nada novo si a Xunta non o demanda”.

O alcalde de Ribadeo pregúntase “de qué serven estes acordos unánimes dos concelleiros de todos os grupos, para qué serven todas as mocións conxuntas, todas as viaxes realizadas polo conselleiro socialista de Xustiza a Ribadeo dicindo que a Xunta presentaría esa petición nunca feita, de qué serve que os conselleiros populares digan que apoian o xulgado de Ribadeo se despois non o piden, para qué serve todo isto. Serve para ter entretida á poboación, para enredar, para dar titulares de prensa e para pouco máis, porque a realidade de recuperar o xulgado perdido de Ribadeo de momento e a xulgar por feitos nada de nada, de nada”.