Freire Rancaño contou que “acabamos de determinar a suspensión de visitas para o Centro de Atención ás Persoas Maiores de Ribadeo e tamén para o Hospital Asilo para curarnos en saúde, como medida de prevención, e atendendo a criterios técnico sanitarios. Tamén quedan en suspenso as saídas”.

A edil ribadense indicou que “adoptamos esta decisión atendendo á orde do equipo responsable da Área Sanitaria da Mariña despois de ter coñecemento de varios casos positivos aparecidos nas últimas horas en Xove”.

A concelleira ribadense salientou que “queremos aclarar que non hai ningún caso positivo entre os usuarios e os traballadores dos dous centros, simplemente se trata dunha medida de prevención e responsabilidade cara aos seus usuarios e usuarias”.

Para a responsable dos Servizos Sociais no Concello de Ribadeo: “a nosa prioridade, neste momento, é o coidado e a protección tanto dos traballadores como dos usuarios dos dous centros, do Centro de Atención ás Persoas Maiores e do Hospital Asilo, e polo tanto estamos actuando dunha maneira prudente e con previsión e cautela”.