Ofértanse 8 prazas para alumnos/as traballadores/as na especialidade formativa de Produción Fotográfica, certificado de profesionalidade nivel 3 e 8 prazas para alumnos/as traballadores/as na especialidade de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, certificado de profesionalidade nivel 1. No caso da Produción Fotográfica 6 persoas desenvolverán o seu traballo en Ribadeo e 2 en Barreiros e no tocante á Gravación e tratamento de datos e documentos 3 persoas traballarán en Barreiros e 5 en Ribadeo.

As probas de selección terán lugar na Casa do Concello o vindeiro 3 de setembro ás 9:00 e ás 12:00 horas.

Tamén se ofertan dous postos de monitores, un para arquivística e xestión documental, que realizará función de coordinación e un para dixitalización documental. As probas de selección serán o 7 e setembro no Concello de Ribadeo ás 10 e ás 12 da mañá.

O obradoiro Vencellos da Memoria contará así mesmo cun administrador@/administrativ@. A proba de selección será o 4 de setembro ás 10 da mañá no Concello ribadense.

O prazo de presentación da documentación esixida remata o 31 de agosto ás dúas da tarde.

As bases destas convocatorias atópanse publicadas nos taboleiros de anuncios dos Concellos de Barreiros e de Ribadeo e tamén nas sedes electrónicas destas entidades.