O alcalde, Fernando Suárez, nas súas redes sociais contou que “hoxe si que os alcaldes/as da Mariña fomos convocados a unha nova vídeo conferencia para tratar a situación do coronavirus na comarca (¡que curioso que sábado de reflexión e domingo de votación non! En fin…)”.

O rexedor explicou que “da información que nos dá a Xunta vemos que seguimos con tres casos aínda que, afortunadamente, seguen baixando as persoas que están en seguimento: hoxe 21, tres menos ca onte”.

Suárez Barcia considera que “temos nas nosas mans (nas de todos e todas nós) seguir protexéndonos e actuarmos con responsabilidade e a ver se mañá ou pasado puideramos baixar o número de casos. Fagámolo pois así. ¡Seguimos!”.