En Ribadeo continúan as complicacións ocasionadas polas intensas chuvias. Esta tarde houbo problemas de novo na Madanela en Vilaframil e tamén en Covelas. A auga (tal e como se pode apreciar na foto) invadiu esta tarde a N-634. A Policía Local estivo a regular o tráfico mentras a Garda Civil ou o 112 non se fixeron cargo da situación. A auga acumulada dificulta e moito a circulación. Hay problemas tamén para transitar polo vial Reme-Vilamar e varias parroquias ribadenses están sen auga arestora da tarde.