O rexedor dixo que “sentímonos moi orgullosos de cómo está indo esta sexta edición do Ribadeo de tapeo que organizamos desde o Concello e de ver cómo día tras día vemos moitísima xente en horario de mañá e de tarde indo aos mesóns, bares e restaurantes a probar as máis de 50 tapas que temos pola vila, aínda que tamén por Vilaframil, Remourelle, Vilela ou Rinlo”. Fernando Suárez sinalou que “é un circuito maravilloso ao que está a vir moita xente de Ribadeo, dos concellos veciños asturianos, dos concellos veciños da Mariña luguesa e onde agora, que nos atopamos no ecuador, todas aquelas persoas que non viñeron a Ribadeo terán tempo dabondo para facelo e todas as outras que sí están a participar poderán cubrir o mínimo dos 25 selos para poder participar nos sorteos establecidos e os máis atrevidos, os que se atrevan a facelos todos poderán acceder aos premios especiais do larpeiro de ouro”.

Suárez Barcia lembrou que “ademáis seguimos a ter actividades complementarias ou alternativas, tal e como indicamos nos miles de libros que editamos, como cine gastronómico, concertos, catas, etc. Quero seguir combinando á cidadanía a que disfruten e vivan o Ribadeo de tapeo e que veñan a esta magnífica vila e a este magnífico concello que é Ribadeo”.