O concelleiro de Cemiterios, Jorge Díaz, anunciou que “o Concello de Ribadeo ven de adquirir unha corta céspede para o cemiterio municipal. Había unha necesidade para o mantemento da área verde bastante extensa que ten o camposanto”.

O edil ribadense contou que “eses traballos se estaban a realizar cunha máquina que facía os campos de fútbol e o cemiterio, entón decidimos traer unha específica para o cemiterio. Conta cun sistema novedoso de corta de herba que non necesita nin carro nin nada, vai triturando a herba, entón é moi adaptada para o cemiterio, para este tipo de área en concreto”.

Jorge Díaz manifestou que “o custe desta máquina rolda os 5.000 euros con IVE incluído. Esperemos que teña un rendemento próspero e que se note a súa eficiencia no traballo día a día no cemiterio municipal”.