O alcalde, Fernando Suárez, contou que “hoxe no perfil do contratante do Concello sae o anuncio de licitación dun contrato de obras de saneamento e conexión coa rede xeral  no núcleo de Meirengos, na Devesa”.

O rexedor subliñou que “é unha obra importante para este núcleo, dotalo de saneamento, por un total de 13.577 euros, e cun mes de prazo para executar as obras”.

Suárez Barcia salientou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos avanzando paseniñamente, máis lento do que nos gustaría, pero hai que ter en conta que para cuestión de saneamento a Xunta de Galicia vese moi pouco por aquí. A pesar das demandas que, no pleno de ano pasado, temos feitas unanimemente entre todos para que investira cando menos o que desde Ribadeo ingresamos entre todos os usuarios de auga e de saneamento do concello”.

Suárez lembrou que “ingresamos aproximadamente 400.000 euros ao ano, e nada diso retorna a Ribadeo desde hai moitisimo tempo Aproveitando unha axuda máis, e xa vai outra máis da Deputación de Lugo a través do Plan Único, decidimos, entre outras actuacións de mellora nas parroquias, de aglomerados, de asfaltados, etc…, facer este saneamento tamén aquí no barrio de Meirengos, da parroquia da Devesa”.