O rexedor contou que “como vimos detectando que os colectores do saneamento xeral de Rinlo, pola súa escasa capacidade, non son quen de bombear todas as augas fecais, o que ás veces chegaba producir alivios indesexados na zona da Ribeira. E sendo conscientes desta situación desde o Concello, levábamos varios anos solicitando axuda económica á Xunta, a través do Fondo de Compensación Ambiental para os Concellos. Logo de varios anos tentando sen éxito esta axuda, finalmente hai uns meses nos outorgaron  unha pequena partida para este fin, que xunto coa achega que falta por parte do Concello, pois logramos facer unha obra de reestruturación deste sistema de bombeo tan importante”.

Suárez Barcia explicou que “tivemos que adquirir ademais unha pequena leira a un veciño de Rinlo para poder instalar, por medio dela, unha nova condución de saneamento que dea solución ao estrangulamento que había ata ese momento. Instalaremos esta tubaxe ao longo duns 400 metros en solo público municipal e tamén se instalarán novas bombas de impulsión e mellorarase a estrutura xeral deste saneamento”.

O alcalde indicou que “as obras en total ascenden a uns 40.000 euros, entre a achega do Fondo de Compensación Ambiental e os fondos propios do Concello de Ribadeo, e estarán rematadas a finais deste mes. A empresa adxudicataria é Viaqua, que resultou a gañadora a través dun concurso público nestes últimos meses”.